Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997 pola que se anuncia o concurso público 10/1997, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dun arquitecto/a superior para a redacción do proxecto básico para a rehabilitación do pazo de Lóngora para centro universitario de Estudios Ambientais. (Expediente de consultoría e asistencia 4015/1997).

Convócase a concurso público, polo trámite de urxencia, para a contratación dun arquitecto/a superior para a redacción do proxecto básico para a rehabilitación do pazo de Lóngora para centro universitario de Estudios Ambientais.

O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de servicios por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en rúa Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, rúa Maestranza, s/n, de luns a venres e de 9 a 14 horas.

O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.

Orzamento de contratación: tres millóns cincocentas cincuenta e unha mil duascentas dezanove pesetas (3.551.219 ptas.).

A Coruña, 20 de outubro de 1997.

P.D. (Resolución 30-3-1990)

José María Pujalte Giménez

Xerente da Universidade da Coruña

8238