Pola presente, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común notifícaselle a Carmen Vidal Galbán, adxudicataria da vivenda do expediente C-2-CD/68, correspondente a conta 545 sita na rúa Alcalde Quintanilla, bloque 2, portal 7, 5º B en Ferrol, que o vindeiro día 11 de novembro, ás 11 horas procederase a executa-lo lanzamento derivado do expediente de desafiuzamento seguido por falta de pagamento, e en virtude da autorización xudicial concedida para a entrada en domicilio de particulares polo Xulgado de Instrucción número seis de Ferrol.
Para este acto comparecerán en forma no seu domicilio José Ruiz Gómez e/ou Emilio Palacios Rivera, da empresa colaboradora na xestión e recadación de vivendas da Xunta de Galicia, Hnos. Alonso Garrán, S.L., debidamente autorizados con credencial asinada para o efecto polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e co auxilio das forzas de seguridade.
Para poder paraliza-lo dito acto poderá facer efectiva a débeda pendente e mailo recargo establecido, en calquera momento anterior do lanzamento.
Poderá así mesmo deixar voluntariamente a vivenda que ten adxudicada, facendo entrega das chaves na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo
8220