Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Federación Galega de Asociacións de Informática (Fegadai).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 18/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Federación Galega de Asociacións de Informática (Fedagai) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comuninade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán integrar a federación, os empresarios, tanto persoas físicas como xurídicas, que desenvolvan actividades relacionadas coa informática, que estean dadas de alta con licencia fiscal e soliciten a súa afiliación á federación.

Asinan a acta de constitución: Juan Carlos Vizcaíno Ramos, en representación da Asociación Coruñesa de Informática; Enrique Pérez Barros, en representación da Asociación de Empresarios de Medios y Servicios Informáticos da provincia de Pontevedra; José Carlos Touza Menor, en representación da Asociación de Empresarios de Informática de Ourense; e José Federico Calderón Vilar, en representación da Asociación de Empresarios de Informática da provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 12-9-1997, DOG nº 191, 3-10-1997)

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Relacións Laborais

7966