Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Mércores, 29 de outubro de 1997 Páx. 10.464

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 21 outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia técnica para a definición e adecuación do sistema de calidade segundo a norma 45001, no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico en Mabegondo.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso público aberto:

Obxecto: contratación da consultoría e asistencia técnica para a definición e adecuación do sistema de calidade segundo a norma 45001, no Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico en Mabegondo, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para a mesma.

Orzamento de licitación: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).

Fianza definitiva: oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.).

Clasificación: grupo 1, subgrupo 2, categoría A.

Prazo de execución: o prazo límite global para a execución do contrato de asistencia e a entrega definitiva á Administración será o día 29 de febreiro de 1999.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela-A Coruña).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 25 de novembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público ás 13 horas do día 1 de decembro de 1997, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG 239, do 14)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Ganadería e Montes

8203