Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.437

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón, pola que se anuncia o concurso público 6/1997, con trámite urxente e polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de material sanitario.

A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111 do 6 de xuño ), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: determinación do prezo unitario da subministración sucesiva de material sanitario (compresas, gasas e apósitos).

Orzamento: 4.332.964 ptas. Quedando segundo lote:

Lote 1: 975.964 ptas.

Lote 2: 460.000 ptas.

Lote 3: 1.700.000 ptas.

Lote 4: 556.000 ptas.

Lote 5: 641.000 ptas.

Prazo de execución: o comprendido desde a sinatura do contrato, trala adxudicación, ata o 31 de decembro de 1997, debendo subministrarse sucesivamente as unidades que sexan solicitadas pola Administración, no prazo, forma e condicións previstas no prego de prescricións técnicas.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por medio de concurso público nº 6/1997, trámite urxente.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 168 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995 de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: 86.659 ptas. Quedando segundo lote:

Lote 1: 19.519 ptas.

Lote 2: 9.200 ptas.

Lote 3: 34.000 ptas.

Lote 4: 11.120 ptas.

Lote 5: 12.820 ptas.

Criterios de adxudicación:

-Calidade: ata 5 puntos.

-Prezo: ata 5 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de subministracións e contratacións do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: (986) 86 23 63 e fax: (986) 84 79 41).

Presentación de proposicións: deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de outubro de 1997.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Complexo Hospitalario

Provincial de Pontevedra-Psiquiátrico Rebullón

97-8162