Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica de redacción do proxecto de acondicionamento da estrada AC-430. Treito: Baio-As Grelas.

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería, S.L.

Orzamento: 7.249.861 ptas.

Asistencia técnica de redacción do proxecto de vía industrial: Sárdoma-Valadares.

Adxudicatario: Ciisa.

Orzamento: 5.521.600 ptas.

Asistencia técnica de redacción do proxecto de mellora do acceso á estación de Manzaneda (Ourense).

Adxudicatario: Proyectos y obras de Galicia, S.A.

Orzamento: 12.830.818 ptas.

Asistencia técnica de redacción da nova estrada PO-400 variante de Salvaterra de Miño.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 6.204.898 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións do acondicionamento da estrada LU-221. Treito: Palas de Rei-Monterroso.

Adxudicatario: Topgalicia, S.L.

Orzamento: 2.998.229 ptas.

Asistencia técnica redacción do proxecto de acondicionamento do corredor central. Treito: Escairón-Monforte de Lemos IV.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento: 8.442.526 ptas.

Asistencia técnica ás expropiacións do proxecto de alargamento e mellora da estrada LU-132. Treito: Trabada-Vilafernando.

Adxudicatario: Estudio del noroeste, S.A.

Orzamento: 2.864.054 ptas.

Asistencia técnica realización dunha campaña publicitaria do Plan de Estradas de Galicia e das infraestructuras viarias da Comunidade Autónoma.

Adxudicatario: Ute Strategias de Medios Galicia, S.A.-Canal Uno.

Orzamento: 59.972.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 de la Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7929