Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (276/1997-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de

Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos de xuízo de cognición número 276/1997-3 seguidos neste xulgado por instancia de Renault Financiaciones, S.A., representado polo procurador Ricardo García Píccoli Atanes, contra Jaime Ramón Asensi Cabirta e Marina Natalia Fariñas de Alba; emprázanse os demandados, Jaime Ramón Asensi Cabirta e Marina Natalia Fariñas de Alba para que no termo de nove días compareza en autos, en legal forma con avogado que o defenda, coa prevención de que, se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ós demandados, Jaime Ramón Asensi Cabirta e Marina Natalia Fariñas de Alba, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o dez de outubro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

8164