Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 1997 Páx. 10.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, do departamento de Química Física e Química Orgánica, a Luis Muñoz López (praza 61/96).

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 8 de novembro de 1996 (BOE do 10 de decembro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, do departamento de Química Física e Química Orgánica, a prol de Luis Muñoz López, DNI nº 33.250.750, e cumprindo o interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Muñoz López, profesor titular de universidade da área de coñecemento de química orgánica, do departamento de Química Física e Química Orgánica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 14 de outubro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

8104