Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.415

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto, para a adxudicación do servicio que se cita. (Expediente 311/1997).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

c) Nº de expediente: 311/97.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: apoio para as probas selectivas de ingreso na escala auxiliar administrativo da Universidade de Vigo.

b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Concurso: público.

4. Orzamento base de licitación: Importe total: 3.000.000 de ptas.

5. Garantías:

Provisional: 60.000 ptas. Definitiva. 120.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Universidade de Vigo. Serv. de Xest. Económ. e Contratación.

b) Domicilio: r/ Areal 46-2º andar.

c) Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Teléfono: (986) 81 35 56.

e) Telefax: (986) 81 35 54.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) ...

b) Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo.

2ª Domicilio: r/ Areal, 46-planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Vigo-36201.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

b) Domicilio: r/Areal, 46-1ª planta.

c) Localidade: Vigo-36201.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 21 de outubro de 1997.

P.D. (R. 18-10-1995)

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía da Universidade de Vigo

7807