Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1997, da Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos concursos públicos 3/1997, 4/1997 e 5/1997, que teñen por obxecto a adquisición de diverso material.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidad e Servicio Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións seguintes:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte), rúa México, nº 26.

b) Número de expediente: C.P. 3/1997, 4/1997 e 5/1997.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 25 de xuño de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Expediente 3/1997 N: orzamento 20.875.700 pesetas.

Expediente 4/1997 N: orzamento 2.400.700 pesetas.

Expediente 5/1997 N: orzamento 2.448.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de agosto de 1997.

b) Contratistas:

-Expediente 3/97 N: subministración de diverso material sanitario.

Lote 1: luvas de látex: Ibergom, S.A.

Importe da adxudicación: 1.176.000 pesetas.

Lote 2 e 3: compresa gasa estéril e vendas elásticas crepadas: Torras Valenti, S.A.

Importe da adxudicación: 9.338.364 pesetas.

Lote 4: venda elástica adhesiva: Beiersdorf, S.A.

Importe da adxudicación: 1.564.072 pesetas.

Lote 5: xiringas insulina con agulla: B. Braun Medical, S.A.

Importe da adxudicación: 4.199.130 pesetas.

Lote 6 e 7: agullas para plumas insulina e xiringas estériles: Becton Dickinson, S.A.

Importe da adxudicación: 4.575.990 pesetas.

Importe total adxudicado C.P. 3/1997 N: 20.853.556 pesetas.

-Expediente 4/1997 N: subministración de material de laboratorio.

Lote 1: tiras reactivas determinación de glicosa no sangue: Menarini Diagnósticos, S.A.

Importe da adxudicación: 2.400.000 pesetas.

-Expediente 5/1997 N: subministración de papel para padiola e papel secamáns.

Lote 1: papel para padiola: Tesis Galicia, S.L.

Importe da adxudicación: 976.000 pesetas.

Lote 2: papel secamáns: Darlim, S.L.

Importe da adxudicación: 893.200 pesetas.

Importe total adxudicado 5/1997 N: 1.869.200 pesetas.

Pontevedra, 22 de setembro de 1997.

Alberto García Pazos

Director xerente de Atención Primaria

de Pontevedra-Vigo

97-7830