Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Becerreá.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data do 5 de setembro de 1992, asinou un convenio co concello de Becerreá para a creación dun parque empresarial no dito concello.

A Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo, en sesión celebrada o día 14 de setembro de 1994 (BOP nº 217, do 21 de setembro de 1994), aprobou definitivamente o plan parcial do parque empresarial de Becerreá. Este plan parcial establece como sistema de actuación para a súa execución o de expropiación. O que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificios correspondentes ós fins da expropiación, segundo o artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos, dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no plan parcial do parque empresarial de Becerreá, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar, que se publica conxuntamente con esta resolución.

O artigo 218 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, permítelle á Administración actuante aplicar en tódalas expropiacións urbanísticas o procedemento de taxación conxunta regulado nos artigos 219 e seguintes do dito texto legal e nos artigos 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística.

De conformidade co previsto nos artigos 219 e seguintes do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque empresarial de Becerreá.

O expediente estará exposto nas oficinas da sociedade de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo) sita na Praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo, polo prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegaciones que consideren oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na Avenida Ramón Ferreiro, nº 28 de Lugo.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

PredioPropietarioSuperficie

(m)

Prezo xusto

Pesetas

106José Gutiérrez Rey

Av. Cruz Roja, nº 2

27640 Becerreá (Lugo)

5301.325.221
108Matías Rodríguez González

r/ Alandra, nº 12

27640 Becerreá (Lugo)

1.230 455.473
111Isaac Mateos Varela

r/ Elogio Rosón, 26-2º B

27640 Becerreá (Lugo)

920 568.529

97-8115