Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación dos servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería.

Obxecto: contratación dos servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería, mediante o sistema de concurso aberto, que detallamos a continuación:

a) Contratación de servicios de desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas de xestión de contratación de obras.

b) Contratación de servicio de desenvolvemento e mantemento de programas auxiliares da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

c) Contratación de servicios de desenvolvemento e mantemento de programas de xestión de cotas lácteas.

d) Contratación de servicios para traballos auxiliares das redes informáticas da consellería.

e) Contratación de servicios para traballos auxiliares da plataforma UNIX.

Orzamento de licitación: catro millóns cinco mil pesetas (4.005.000 ptas.) en cada uno dos apartados a), b) y c), e tres millóns (3.000.000 de ptas.) para cada un dos apartados d) e e).

Fianza definitiva: exenta (Art. 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas).

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: 9 meses.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados en días e horas de oficina, no Servicio de

Contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 22 de novembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar o día 27 de novembro de 1997, ás 13.30 horas, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

97-8127