Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/251-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do sector eléctrico nacional (LOSEN) e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Título: L.M.T., C.T. e R.B.T. Camos-Pazo.

Situación: concello de Nigrán.

Características técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 464 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio a colocar, en substitución do poste 43 da L.M.T. ó C.T. Chandebrito, rematando no C.T. que se proxecta en Camos-Pazo, concello de Nigrán. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 150 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do Regulamento da Lei 10/1966, de expropiación

forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 17 de setembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: IN407A 97/251-4Provincia: Pontevedra

Liña L.M.T., C.T, R.B.T. Camos-Pazo.Concello: Nigrán

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

5MaceirasLabradíoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas, 19

36360 Chandebrito-Nigrán

1183

6MaceirasPrado-viñaClemente Rial CostasPracín, 6

36360 Chandebrito-Nigrán

2254568

7AbeleiraMonte bajoJulia Rial CostasEstrada Rasela, 49

Verín-Ourense

13168

9AbeleiraMonte bajoVicente Estévez ValverdeRúa da Touza, 13

36360 Camos-Nigrán

30480

10AbeleiraMonte bajoEugenio Brito FigueroaA Cruz, 1

36360 Camos-Nigrán

60930

11AbeleiraLabradíoManuel Gómez FigueroaAs Tomadas, 19

36360 Chandebrito-Nigrán

570

7926