Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Luns, 27 de outubro de 1997 Páx. 10.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da asistencia técnica consistente na dirección técnica (arquitecto técnico) das obras de reconstrucción do escenario e anexos, e de equipamento escénico do auditorio ó aire libre do parque de Castrelos de Vigo (clave: 9767ESUR).

1. Nome, enderezo, número de teléfono e telefax do poder adxudicador:

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Edificios administrativos San Caetano.

15704 Santiago de Compostela.

Teléfono: 981/54 43 71.

Telefax: 981/54 43 43.

2. A) Modalidade de adxudicación elixida:

Concurso aberto de acordo co artigo 76 da Lei de contratos das administracións públicas.

B) Contido do contrato obxecto da licitación:

Execución da asistencia técnica consistente na dirección técnica (arquitecto técnico) das obras de reconstrucción do escenario e anexos, e de equipamento escénico do auditorio ó aire libre do parque de Castrelos de Vigo.

C) Orzamento total: catro millóns cincuenta e tres mil oitocentas vinte (4.053.820) pesetas, IVE incluído.

3. A) Lugar de execución:

Termo municipal: Vigo (Pontevedra).

B) Natureza e alcance das prestacións e características da obra:

As definidas no proxecto de execución.

4. Prazo de execución eventualmente imposto:

O que resulte da execución das obras.

5. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de contratistas adxudicataria do contrato:

Escritura pública.

6. A) Solicitude de documentación para participar no concurso:

Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo.

Edificios administrativos San Caetano.

15703-Santiago de Compostela.

Teléfono (981) 54 43 71.

B) Data límite de presentación de proposicións:

Ata as 12 horas do décimo quinto día contado a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Enderezo ó que deberán enviarse as ofertas:

Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Rexistro xeral. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela.

7. Data, hora e lugar de apertura das proposicións:

Acto público o cuarto día hábil que non coincida en sábado contado a partir do de remate de presentación de proposicións, ás 10 horas na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantías esixidas:

Esixirase unha fianza definitiva de cento sesenta e dúas mil cento cincuenta e tres (162.153) pesetas, segundo o definido no apartado I do citado cadro.

A dita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan:

Pagamentos a conta, de carácter mensual, baseados nas certificacións de obra executada e conforme o disposto no artigo 100 da Lei de contratos das administracións públicas.

10. Datos referentes á situación do empresario, así como ás condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberá axusta-lo contratista.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

Tres meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7461