Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada con data do 29 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización entre Avda. Rosalía de Castro e paseo marítimo e mellora de servicios urbanísticos na rúa Lucena-Carril, promovidos por Rualdede, S.L. e redactado polo enxeñeiro de camiños Julio Amado Silva.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o citado proxecto de urbanización sométese a información pública polo prazo dun mes, a partir da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais de secretaría e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

7809