Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 24 de outubro de 1997 Páx. 10.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997 de corrección de erros da do 3 de outubro de 1997 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e con trámite de urxencia, da obra de clave E/SC/96.50.

Advertido erro no texto publicado da citada resolución, relativa á obra de alargamento e mellora da estrada de Meira a Ponte Soutelo, treito: Meira-Alto do Couso publicada no Diario Oficial de Galicia número 196, do 10 de outubro pasado, páxina 9.889, columna esquerda,

DISPOÑO:

1º. Na páxina 9.889, liña 54, columna da esquerda onde di: «Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d», debe dicir: «Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d».

2º. O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

3º. A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do quinto día

natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7886