Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, na súa sesión ordinaria do día 26 de setembro de 1997, o escudo heráldico municipal, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Heráldica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Escudo municipal: as armas que se achegan ó escudo brasónanse do seguinte xeito: de gules (vermello), a cruz de San Xoán de prata (branca); xefe de azur (azul) con tres vieiras de prata; bordura de sabre (negro) coa cadea de ouro. O timbre coroa real pechada.

Sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vilardevós, 1 de outubro de 1997.

José Luis Pérez García

Alcalde