Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa.

Por acordo do Concello Pleno do día 19 de setembro de 1997, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda mediante poxa aberta do seguinte ben patrimonial, propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa:

-Unha vivenda pegada a outra polo linde norte, con terreo unido, sinalada co numero 3 da rúa Pío XII: superficie do terreo, 300 m; superficie da edificación principal (vivenda), planta baixa, 72 m, planta alta, 72 m; superficie edificación complementaria (planta baixa), 21 m.

Tipo de licitación: fíxase en 13.940.769 ptas. A mellora realizarase á alza con respecto ó tipo de licitación.

Fianza provisional: fíxase en 300.000 ptas.

Exposición do expediente: na Secretaría do Concello, tódolos días laborais, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: na Secretaría do Concello, de 9.30 a 13.30 horas, durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de plicas: na Casa do Concello ás doce horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Proposicións: deberán presentarse conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentos que deben presenta-los licitadores: a documentación que teñen que presenta-los licitadores é a prevista na cláusula VII do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prego de condicións: o prego de cláusulas administrativas particulares estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, polo prazo de 8 días hábiles, partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP, podendo presentarse reclamacións ou alegacións contra este dentro do citado prazo, conforme o disposto no artigo 122 do RDL 781/1986, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local.

No caso de presentarse reclamacións ó prego, interromperase o prazo de licitación.

Vilagarcía de Arousa, 25 de setembro de 1997.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde

7777