Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se notifica resolución recaída en expediente disciplinario.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servicio de correos por ser imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Virgilio Martínez Domínguez, con último domicilio coñecido na rúa Circunvalación nº 78, piso 2º-B, A Rúa, provincia de Ourense, na súa condición de traballador laboral temporal do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais do Barco de Valdeorras, a resolución desta consellería con data do 8 de setembro de 1997, recaída en expediente disciplinario, pola

que se lle sanciona como autor dunha falta das cualificadas como grave polo artigo 3.b. do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia, facéndolle constar que contra a citada resolución, que lle pon fin a vía administrativa, poderase interpor reclamación previa á vía xudicial laboral ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de vinte días contados desde a publicación da presente notificación.

Así mesmo, e de conformidade co disposto no citado artigo 61 da Lei 30/1992, faise constar que o interesado poderá comparecer no prazo de dez días a partir da publicación da presente notificación no Servicio de Persoal e Rexime Interno desta consellería en Santiago de Compostela para ter coñecemento íntegro do mencionado acto.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1997.

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7828