Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Xoves, 23 de outubro de 1997 Páx. 10.327

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997 pola que se corrixen erros advertidos na do 4 de abril (DOG do 24) pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 4 de abril de 1997 (BOE do 26 de abril), pola que se convoca concurso para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios, esta rectorado, ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 97/011, onde di: «Área de coñecemento á que corresponde: filoloxía española», debe dicir: «Área de coñecemento á que corresponde: literatura española».

A Coruña, 13 de outubro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

7972