Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: contratación mediante concurso da obra de instalación de reductores de fluxo luminoso e cambio de luminarias.

Duración do contrato: un mes.

Tipo de licitación: 18.000.000 de ptas.

Pago: o 50% da certificación unha vez aprobada pola Comisión de Goberno. A Cantidade restante cando sexa recibida a subvención da Consellería de Industria e Comercio.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías: provisional 360.000 ptas. Definitiva o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de proposicións: durante os 13 días seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado «Proposición económica para optar ó concurso de instalación de reductores de fluxo luminoso e cambio de luminarias», que conterá a oferta económica; sobre B denominado «Documentos», que conterá:

-Empresario individual.

-Copia do DNI. Se se actúa por representación, copia do poder.

-Resgardo da fianza provisional.

-Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade.

-Melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto.

-Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos.

-Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador.

-Modelo e prezo dos materiais ofertados.

Teo, 13 de outubro de 1997.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

8049