Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de setembro de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas complementarias e subsidiarias do planeamento municipal, no angular da Avda. de Bos Aires e a rúa Vilalba, afectada pola ordenanza nº 3 Residencial Multifamiliar Extensiva.

Polo que en, cumprimento do disposto no artigo 114, b) do T.R. da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese o expediente á información pública nas dependencias municipais (rúa Alfonso VII nº 31), durante o prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no BOP, co obxecto de que os interesados poidan examina-la citada documentación e presenta-las alegacións oportunas mediante escrito dirixido á Alcaldía-Presidencia.

Mondoñedo, 8 de outubro de 1997.

Manuel Javier Loira Rúa

Alcalde

7746