Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.290

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/231-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Peguform Ibérica, S.A.

Enderezo social: estrada estación Renfe-Cedeira, 36800 Redondela.

Denominación: central de coxeración en Cedeira-estrada estación Renfe.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: tres grupos motoxeradores funcionando a gas natural, de 1.295 kVA cada uno, xunto co equipo de regulación, protección, acoplamento, etc. Aparellaxe eléctrica e transformador de 400 kVA. Equipo de recuperación da calor, composto por tres caldeiras e frigorífico. Equipo de subministración de gas natural á instalación. Situada na estrada estación de Renfe, en Cedeira, concello de Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 1 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

8006