Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 22 de outubro de 1997 Páx. 10.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/26-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Hodroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Gral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. a 20 kV en núcleo urbano Laracha e C.T., ESO e O Recreo.

Situación: Laracha.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor

R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x95) mm Al, de 42 m desde a liña Cillobre-Laracha-Proame ata C.T. ESO de 145 m desde C.T. ESO a C.T. urbanización O Recreo. Centros de transformación de tipo interior, de 630 kVA o de ESO e de 250 kVA o do Recreo, coas súas celas de protección de liña e trafo con tensións de 20/0,380-0,220 kV. Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7634