Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 15 de setembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o plan especial para a modificación de uso global dunha parcela situada na Avda. de Alfonso Molina, s/n, presentado pola entidade Seat, S.A., desestimándose as alegacións presentadas e aceptando as observacións recollidas no informe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, que se terán en conta no proxecto de urbanización que se redacte en execución do plan especial.

O que se fai público a través do presente anuncio, advertindo que o plan entrará en vigor transcorridos quince días desde a comunicación da aprobación á consellería competente en materia urbanística.

Contra o acordo de aprobación definitiva cabe interpoñer recurso contencioso administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co establecido no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, deberá comunicárselle previamente a esta Administración municipal, o propósito de interpoñe-lo recurso contencioso administrativo.

A Coruña, 30 de setembro de 1997.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

7677