Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0497; XG-031, entre Carballedo e Vigo, con anexo, e V-0580; XG-038, entre Castelo de Soutomaior e Vigo, con anexos.

O acordo directivo do 15 de setembro de 1997 autorizou a transmisión das concesións de referencia a favor da empresa Revi de Autobuses, S.L. por cesión do seu anterior titular, Empresa M. García, S.A.

O que se publica unha vez cumpridos os requisitos ós que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas das concesións.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7950