Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 1997 Páx. 10.241

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (282/1996-01).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 282/1996, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra Manuel Brey Couto, María Inés Baltar Sa, Manuel Santiago Leal Pérez, Lidia Brey Couto, Luis Manuel Bodaño Meijome e Paz Villar Fernández, en reclamación da suma de 3.736.655 ptas. en concepto de principal, máis 1.750.000 ptas. orzadas para xuros e custas, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens por lotes:

Primeiro lote: urbano. Agro do Carballal, sito no lugar de Carballeira, parroquia de Arnois, municipio da Estrada, a labradío secaño e monte, de 10 áreas e 20 centiáreas. Sobre o dito terreo, no seu interior e zona sur, atópase enclavada e lindando con el por tódolos seus aires, unha edificación en construcción, de planta baixa e piso alto, dedicada a vivenda unifamiliar, que ocupa uns setenta metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, no folio 181 do libro 392, tomo 497, predio 53.980. Valorado en 7.840.000 ptas.

Segundo lote: rústico. Predio número 103 do plano de concentración parcelaria da zona de Arnois, concello da Estrada, no sitio de Campos, a monte de nove áreas e dez centiáreas, indivisible. Linda: norte, camiño; sur e leste, co número 102 de Manuel Nebra Canicoba; oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, folio 103 do libro 439 da Estrada, tomo 552, predio 59.374. Valorado en 364.000 ptas.

Terceiro lote: rústico. Predio número 121 do plano de concentración parcelaria da zona de Arnois, concello da Estrada, no sitio de Menide, a monte de dúas áreas e trinta centiáreas, indivisible. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, folio 1.221 do libro 439 da Estrada, tomo 552, predio 59.392. Valorado en 138.000 ptas.

Cuarto lote: rústico. Predio número 649-1 do plano de concentración parcelaria da zona de Ancorados, concello da Estrada, parcela do leste, terreo destinado a labradío e monte, no sitio de Campo, de vintetrés áreas e noventa e unha centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, folio 143 do libro 442 da Estrada, tomo 555, predio número 60.101. Valorado en 717 300 ptas.

Quinto lote: rústico. Predio número 483 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Ancorados, concello da Estrada, no sitio da Braña, a prado, de tres áreas e 18 centiáreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, folio 44 do libro 501 da Estrada, tomo 616, predio 33.363. Valorado en 63.600 ptas.

Sexto lote: vehículo tractor Renault, modelo 7534, matrícula PO-44051-VE. Valorado en 1.050.000 ptas.

A poxa terá lugar neste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena, s/n, desta cidade, o día 3 de decembro de 1997 ás nove horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da avaliación.

Segunda.-Para tomaren parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, non podendo ser admitidos sen ese requisito.

Cuarta.-Só o executante poderá facer oferta a calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunta aquel o importe da consignación.

Sexta.-Que por instancia do acredor se sacan os bens a poxa pública sen suplir previamente a falta de títulos.

Sétima.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día sete de xaneiro de 1998 ás nove horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa, sinálase para a terceira o día dous de febreiro de 1998 ás nove horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7800