Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lodoselo.
Situación: Sarreaus.
Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV, en conductor R.H.V. de 165 m, derivada desde o C.T. existente en caseta en Lodoselo, e finaliza no C.T. proxectado aéreo en Lodoselo con 250 kVA, 20 kV/380-220 V. Rede de baixa tensión de 2.415 m en R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 25 de agosto de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
7533