Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 1997 Páx. 10.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/80-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: 32000 Ourense.

Denominación: modificado proxecto Argentina-Campo Grande.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea a 15 kV, en conductor LA-56 de 100 m, derivada desde un apoio da L.M.T. a C.T. Campo Grande, e remata en apoio da L.M.T. a C.T. de Campo Grande. Liña soterrada a 15 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 530 m. Derivada desde C.T. r/ Argentina, e remata en C.T. Campo Grande. Liña soterrada a 15 kV, en conductor R.H.V. 12/20, de 25 m,, derivada desde o último apoio da L.M.T. o C.T. de Campo Grande, e remata no C.T. proxectado en caseta pref. en Campo Grande con 250 kVA, 15 kV/380-220 V e a rede de baixa tensión en R.Z. de 50 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de agosto de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7540