Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 12 de setembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fan públicas, para efectos de notificación, resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores (PO-0433-96 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-92), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación deste edicto, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: PO-0433-96.

Denunciado: Jesús Bernárdez González.

Enderezo: Estrada de Vigo, 21-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 10 de decembro de 1996.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0505-96.

Denunciado: Manuel Durán Barreiro.

Enderezo: Ponte, 33-Baredo-Baiona-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.3º, 6.7º e 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cento trinta e cinco mil unha pesetas (135.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 4 de xaneiro de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cento trinta e cinco mil unha pesetas (135.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0927-96.

Denunciada: Asunción Bernárdez González.

Enderezo: Reboredo, 65-Cangas-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 11 de febreiro de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Nº de expediente: PO-0981-96.

Denunciado: Clotilde Costa Alonso.

Enderezo: Mingalleira, 56-O Con-Moaña-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: trinta e cinco mil pesetas (35.000 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 4 de febreiro de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de trinta e cinco mil pesetas (35.000 ptas.).

Nº de expediente: PO-1147-96.

Denunciada: Angela Barciela Estela.

Enderezo: Moaña, 3-12º B-Vigo-Pontevedra.

Precepto infrinxido: 6.12º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 21 de maio de 1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Vigo, 12 de setembro de 1997.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

97-7384