Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T.S. Mavesa Sousas.
Situación: Verín.
Descricións técnicas: liña soterrada a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20 kV, de 595 m, derivada desde o paso aéreo soterrado anterior o C.T. de Mavesa, e remata no C.T. Fuente Sousas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 28 de agosto de 1997.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
7524