Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 17 de outubro de 1997 Páx. 10.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 1997 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán o concurso da praza 1446/1996 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado

polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 9 de xaneiro de 1997 (BOE do 8 de febreiro) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 1997.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: literatura española.

Praza nº: 1446/1996.

Comisión titular:

Presidente: Alfonso Rey Álvarez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Mª Yolanda Novo Villaverde, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: José Joaquín González Cuenca, catedrático de universidade. Universidade de Castilla-La Mancha.

Vocal 2º: Francisco Caudet Roca, titular de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Vocal 3º: Mª Teresa Ferrer Vals, titular de universidade. Universidade de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: Luis Iglesias Feijóo, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: José María Viña Liste, titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal 1º: Aurora Egido Martínez, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocal 2º: Margarita Almela Boix, titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocal 3º: Consolación Baranda Leturio, titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

7808