Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia para a contratación de servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na área sanitaria de influencia do Hospital da Costa de Burela na provincia de Lugo.

1. Entidade Adxudicataria: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos,

Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo de San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 27 07; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de fisioterapia e rehabilitación funcional na área sanitaria de influencia do Hospital da Costa de Burela na provincia de Lugo.

3. Procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo para 1997, 4.800.000 ptas.

5. Fianzas e garantías: non se esixen.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na Dirección Xeral de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económica-financeira e técnica: acredítanse conforme o previsto no apartado 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o apartado 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

9. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1997

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral de Recursos Económicos

7822