Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.129

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 1997 pola que se fan públicas as resolucións de outorgamento de concesións en terreos de dominio público portuario que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as concesións en dominio público portuario que a continuación se citan, coa suxeición ás condicións estipuladas naqueles actos.

Resolución: 20-5-1997.

Obxecto: construcción dunha atalaia.

Porto: A Guarda.

Adxudicatario: Concello da Guarda.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 3-6-1997.

Obxecto: construcción dunha nova lonxa climatizada.

Porto: Celeiro.

Adxudicatario: Puerto de Celeiro, S.A.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 3-6-1997.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: San Cibrao.

Adxudicatario: Puerto de San Cibrao, S.A.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 16-6-1997.

Obxecto: construcción e explotación de instalacións para a navegación recreativa.

Porto: Sada.

Adxudicatario: Portomar Sada, S.L.

Prazo: 30 anos.

Resolución: 19-6-1997.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Carril.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Carril.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 16-6-1997.

Obxecto: instalación de dous tanques subterráneos para subministración de combustible ás embarcacións.

Porto: A Illa de Arousa (Peirao do Xufre).

Adxudicatario: Xatevín, S.L.

Prazo: ata o 24 de abril do ano 2010.

Resolución: 7-7-1997.

Obxecto: construcción de almacéns para armadores.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Asociación de Armadores do Palangre.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 10-7-1997.

Obxecto: taller para reparación de motores de embarcacións.

Porto: Ribeira.

Adxudicatario: Miguel Piñeiro Pérez.

Prazo: 15 anos.

Resolución: 11-7-1997.

Obxecto: prestación por xestión indirecta do servicio de lonxa.

Porto: Vilaxoán.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Vilaxoán.

Prazo: 5 anos.

Resolución: 1-8-1997.

Obxecto: construcción de fábrica de fariña de peixe, fábrica de alimentos para animais, almacén de contedores, edificio de talleres e outros usos da fábrica de conservas.

Porto: Boiro.

Adxudicatario: Jesús Alonso, S.A.

Prazo: 20 anos.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público Portos de Galicia

7336