Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1997, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a toma de posesión dos predios de substitución na zona de Candía (Abadín-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Candía (Abadín-Lugo) que se poñen ó seu dispor os predios de substitución para tomaren posesión deles.

Fíxase como data límite para a dita toma de posesión o 15 de outubro de 1997, excepto para os predios con árbores madeireiras, que será o 15 de marzo de 1998, na falta de acordo do seu propietario co novo adxudicatario do predio en que se atopen.

Segundo establece o artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o 16 de outubro de 1997, os interesados poderán reclamar, xuntando dictame pericial de todos e cada un dos predios, sobre diferencias superiores ó dous por cento entre a cabida real dos novos predios e a que consta no expediente de concentración.

Segundo o artigo 45 da devandita lei, o propietario que non permita a toma de posesión dos predios será obxecto de compulsión directa, logo de apercibimento ou instrucción dun expediente incoado para o efecto.

Así mesmo, ponse en coñecemento de todos que a posesión dos predios de substitución outorga a quen no acordo de concentración figure como adxudicatario os medios de defensa establecidos polas leis. Advírtese que todo aquel que non abandone a posesión na data antes fixada poderá verse privado das colleitas, na falta de acordo co adxudicatario.

Lugo, 19 de setembro de 1997.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras

e Desenvolvemento Rural

97-7600