Ós efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Castrelos-Igrexa.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. existente Balaídos-Sárdoma na rúa Mestre Goldar, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Castrelos-Igrexa, rematando na mesma liña, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-220/380 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 10 de setembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
7510