Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.116

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación e emprazamento (270/1997).

Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, en instancia de divorcio incidental seguido co número 230/1997, por instancia de Susana Zas Velo, representada de oficio pola procuradora Pérez Alonso, contra Francisco José Torres Bello, sendo parte o ministerio fiscal, con esta mesma data dictou providencia que é do teor literal seguinte:

«Providencia-xuíz. Recio Juáre.

Carballo, 25 de setembro de 1997. Dada conta de que foi repartido a este xulgado o anterior escrito de demanda cos documentos que se achegan a este e copias simples, practíquense as anotacións rexistrais que procedan.

Tense por comparecente e parte, no nome e representación da demandante, Susana Zas Velo, á procuradora Sofía Pérez Alonso (de oficio), isto mediante designación en quenda de oficio, co que se entenderán as sucesivas dilixencias no modo e forma previstas na lei.

Admítese a trámite a demanda, que se substanciará polos trámites establecidos para os incidentes, coas particularidades que establece a Lei 30/1981, do 7 de xullo, e en consecuencia emprácese o demandado, Francisco José Torres Bello e ministerio fiscal, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos, asistido de avogado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, prevíndoo de que, de non comparecer, continuará o xuízo na súa rebeldía.

Expídase para emprazamento do ministerio fiscal atento oficio; e con respecto ó demandado, Francisco José Torres Bello, alegado que foi que se atopa en ignorado paradoiro, emprácese por medio de edictos que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado e se publicarán no Diario Oficial de Galicia, expedíndose para o efecto os correspondentes despachos.

Non obstante, visto que na sentencia de separación adxunta como documento consta como domiciliado en Salgueiras nº 4, de Coristanco, expídase así mesmo exhorto ó Xulgado de Paz de Coristanco para tenta-lo emprazamento persoal.

Dispone e asínao S.Sª e dou fe».

E para que lle sirva de notificación e emprazamento en forma ó demandado, Francisco José Torres Bello, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Carballo o vintecinco de setembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7670