Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.115

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía de alimentos, do departamento de Enxeñería Química, a Mª Mercedes López Fernández (praza 50/1996).

Consonte a proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo do 23 de setembro de 1996 (BOE do 26 de outubro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía de alimentos, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo, a prol de Mª Mercedes López Fernández, DNI nº 30.581.040, e cumprindo a interesada os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Mercedes López Fernández profesora titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía de alimentos, do departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 17 de setembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

7820