Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 16 de outubro de 1997 Páx. 10.106

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de outubro de 1997 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio), para ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas, en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidad co disposto na base común 8, apartado 8 da orde desta consellería do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os pro

cedementos selectivos para o acceso ó corpo de profesores de ensino secundario no anexo I desta orde.

Segundo.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores técnicos de formación profesional no anexo II desta orde.

Terceiro.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas no anexo III desta orde.

Cuarto.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas no anexo IV desta orde.

Quinto.-Os relacionados nos anexo I, II, III e IV que estean cumprindo o servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, deberano solicitar por escrito ante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Sexto.-Os opositores aprobados relacionados nos anexo I, II, III e IV deberán presentar ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 9 da Orde do 28 de abril de 1992 (DOG do 7 de maio), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Sétimo.-Os participantes nestes procedementos selectivos poderán retira-la documentación presentada, eles mesmos ou por medio de persoa autorizada, no Servicio do Profesorado de Ensino Secundario, Formación Profesional e de Réxime Especial desta consellería (San Caetano-Santiago de Compostela), durante o mes de febreiro.

Oitavo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Persoal

ANEXO I

LISTADO POR DISCIPLINA DE APROBADOS NO CORPO

DE PROFESORES DE ENSINO SECUNDARIO

ANEXO II

LISTADO POR DISCIPLINA DE APROBADOS NO CORPO

DE PROFESORES TÉCNICOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

ANEXO III

LISTADO POR DISCIPLINA DE APROBADOS NO CORPO

DE PROFESORES MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS

ANEXO IV

LISTADO POR DISCIPLINA DE APROBADOS NO CORPO

DE PROFESORES DE ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

7879