Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 29 de setembro de 1997, adoptou o acordo de aprobar inicialmente os proxectos de urbanización, enerxía eléctrica e iluminación pública do estudio de detalle das parcelas C-2, C-3, C-4 e C-5 da actuación industrial deste concello de Bergondo, sendo o peticionario a Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento de Solo (SEPES) do Ministerio de Fomento, e redactados polos enxeñeiros Javier López Pita e Juan R. Pita Morodo.

O que se fai público para xeral coñecemento, expoñéndose o expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, que se contará a partir da última publicación, poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes podéndose consulta-lo expediente nas dependencias municipais de servicios técnicos.

Bergondo, 4 de outubro de 1997.

José Carabel Balsa

Alcalde-presidente