Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a concesión administrativa da construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da zona comprendida entre os tramos confluentes das avenidas de Linares Rivas, Alfonso Molina e Ramón de la Sagra.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: C97/1.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa da construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da zona comprendida entre os tramos confluentes das avenidas de Linares Rivas, Alfonso Molina e Ramón de la Sagra.

Prazo de concesión: 50 años.

3. Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Canon do aparcamento: como mínimo 6.000 ptas./ano por praza de aparcamento.

5. Garantía provisional: 1.500.000 pesetas.

6. Obtención de documentos e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo B, subgrupo 2, categoría f.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de remate do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido. (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: Proposición que presenta... para optar ó concurso para a concesión administrativa da construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no subsolo da zona comprendida entre os tramos confluentes das avenidas de Linares Rivas, Alfonso Molina e Ramón de la Sagra.

11. Gastor de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 9 de setembro de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

7798