Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

EDICTO do 20 de setembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se lle require documentación sobre o complemento de garantía do salario mínimo interprofesional, a Uriberto Mera Guerra.

Por medio do presente edicto notifícaselle a Uriberto Mera Guerra, por ser devolta a notificación que no seu momento foi practicada polo servicio de correos no seu último domicilio coñecido: r/ San Lázaro, nº 44, Santiago de Compostela, para que no prazo de quince días, contados desde o seguinte ó da data da publicación deste edicto presente, personalmente ou acompañada da correspondente fe de vida, no Servicio de Persoal da Consellería de Cultura e Comunicación Social, o xustificante das contías mensuais das pensións que percibe da Seguridade Social no ano 1997. De non presentalo no prazo indicado, procederase á suspensión cautelar do pagamento do complemento de viuvez.

Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 40.2º do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28-12-1994), expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o 20 de setembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

7608