Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador POAG I-96/97 e dous máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día ó da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto) e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpor recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 15 de setembro de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-96/97.

Denunciado: Ramiro Bernárdez Tato.

Último enderezo coñecido: Couto-Tremoedo, 36628 Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: queima sen autorización.

Precepto infrinxido: Art. 137 b) do Regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da L.I.F.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: I-161/97.

Denunciada: Mn Ángeles Sanmartín Moreno.

Último enderezo coñecido: Fernández Ladreda, 57-4º B, 36003 Pontevedra.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da L.I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

Expediente: I-173/97.

Denunciado: Carlos García Grillo.

Último enderezo coñecido: Portomuíño, 6, 36154 Bora.

Feito denunciado: abandono dun vehículo.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento da L.I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento da L.I.F.

Sanción: 50.000 ptas.

97-7563