Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.042

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de agosto de 1997 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.

De conformidade co establecido no Decreto 267/1996, do 6 de xuño, polo que se aproba a oferta parcial de emprego público correspondente a prazas de determinados corpos/escalas da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, esta consellería no uso das competencias que lle atribúe o Art. 13.2º.8 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo B), escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, con suxeición ás seguintes

BASES DA CONVOCATORIA

I. Normas xerais

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros segundo as materias que se establecen no anexo I, polos sistemas de promoción interna e acceso libre e polo procedemento de concurso-oposición.

I.1.1. Reservarase para o sistema de promoción interna o 25% das vacantes existentes para cada

materia, de conformidade co establecido no anexo I.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, (segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo) do total de prazas reservarase, se é o caso, para cada materia un número de prazas para seren cubertas por persoas con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%. Por non alcanzarse as porcentaxes mínimas en ningunha materia, non se reservará ningunha praza para este cupo.

I.1.3. As prazas sen cubrir, das reservadas ó sistema de promoción interna, acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seranlle aplicables a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 12/1992, do 9 de novembro, de creación de determinadas escalas de persoal funcionario ó servicio da Xunta de Galicia; a Lei estatal 30/1984, do 2 de agosto; o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 95/1991, do 20 de marzo); a Orde do 22 de novembro de 1995 pola que se regulan as titulacións equivalentes para efectos de docencia para o acceso ás escalas de profesores numerarios e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, e establécense as titulacións necesarias para o desempeño de postos en réxime de interinidade (DOG nº 236, do 12 de decembro); e demais normas concordantes, así como o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para a promoción interna:

I.2.2.1. Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo C (corpo de axudantes facultativos e corpo administrativo da Administración da

Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posui-la titulación requirida para o acceso á escala.

I.2.3. Para o acceso libre:

I.2.3.1. Ser español.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou acreditar ter superados os estudios esixibles para a obtención do título de diplomado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente para efectos de docencia, segundo o establecido na Orde do 22 de novembro de 1995.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados nas bases I.2.2 e I.2.3 deberán posuirse no último día do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Quen desexe tomar parte nestas probas selectivas deberá facelo constar en instancia, segundo o modelo que figura como anexo II. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como a certificación a que se refire a base II.1.3, de se-lo caso.

Como requisito necesario para participar nestas probas, deberase aboar previamente, en concepto de dereitos de exame, o importe de 8.270 pesetas e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para isto o impreso de autoliquidación sinalado no anexo III. O dito impreso facilitaráselles ós interesados no Rexistro Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia; debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo III. Non obstante o anterior, para o cumprimento deste requisito poderase utilizar unha fotocopia do documento correspondente que como anexo forma parte desta convocatoria.

A non presentación deste anexo, no que figure o cuño da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolveráselles, tralos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o apartado terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais e oficinas comarcais da dita consellería e nas oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que llas remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo isto conforme o disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, e de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, a Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, dictará resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, así como, oportunamente, nos lugares determinados pola normativa vixente, na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que están expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emenda-lo defecto que motiva a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emenda entenderase implícita na resolución pola que se publique o listado definitivo.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a

partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos na presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puidesen derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso:

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna:

Valoración de méritos:

II.1.1.1. Servicios prestados na Comunidade Autónoma:

Na fase de concurso valorarase, de acordo co previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, ó persoal comprendido nesta, os servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma galega no grupo C da Xunta de Galicia, a razón de 0,04 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción, ata o tope de 8 puntos.

II.1.1.2. Servicios prestados noutras administracións públicas:

No grupo C: 0,02 puntos por mes de servicios efectivos ou fracción ata o tope de 4 puntos.

II.1.1.3. Grao persoal consolidado, ata o tope de 3,5 puntos:

a) Nivel 14: 0,5 puntos.

b) Por cada dous niveis superiores: 0,5 puntos.

II.1.1.4. Traballo desenvolvido:

Polo desempeño, como funcionario do grupo C, de postos de traballo incluídos no intervalo de niveis correspondentes ó grupo B: 0,25 puntos por ano completo, ata o tope de 4 puntos. Só se terán en conta os intervalos de niveis de aplicación ós funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.1.1.5. Cursos de formación e perfeccionamento:

Impartidos por organismos oficiais dependentes de calquera Administración pública ou homologados pola Escola Galega da Administración Pública, relacionados coa materia a que se opte o coa mellora do sistema pedagóxico, ata o tope de 3 puntos:

a) Cursos con aproveitamento dunha duración igual ou inferior a 30 horas: 0,25 puntos.

b) Cursos con aproveitamento dunha duración superior a 30 horas: 0,5 puntos.

II.1.1.6. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 22,5 puntos, sumados os apartados II.1.1.1. ó II.1.1.5.

II.1.2. Para o acceso libre:

II.1.2.1. Ó persoal transferido polo Estado, tanto en réxime de contratación administrativa como interino, ó persoal interino seleccionado a través das oportunas probas convocadas pola Xunta de Galicia, así como ós contratados administrativos en situación de expectativa de acceso á función pública segundo o Decreto 57/1983, do 6 de abril, que estivesen en activo á entrada en vigor da Lei 4/1988, ou que estivesen ó servicio da Comunidade Autónoma de Galicia o 1 de maio de 1990 e ó persoal contratado laboral fixo que ocupe ou ocupase postos de traballo que pola natureza das súas funcións deban ser desempeñados por funcionarios pertencentes ó corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, valoraráselle-la antigüidade na Xunta de Galicia a razón de 0,45 puntos por mes de servicios ou fracción, non podendo excede-la puntuación total dos 27 puntos, segundo os seguintes criterios:

a) Ó persoal interino e contratado administrativo só se lle valorarán aqueles servicios que prestasen como titulados medios nos postos correspondentes ó grupo B.

b) Ó persoal laboral só se lle valorarán os servicios prestados en postos de traballo correspondentes ó grupo II do Convenio Colectivo único para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

II.1.2.2. Ós aspirantes do sistema de acceso libre que desempeñen ou desempeñasen postos de traballo na Administración autonómica en réxime de persoal interino ou contratado administrativo, que deban ser desempeñados por funcionarios da escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, ós que non lles sexan de aplicación as disposicións transitorias da Lei 4/1988, valoraránselle-los servicios prestados en tal Administración cos criterios previstos na base anterior, a razón de 0,20 puntos por mes de servicios ou fracción.

II.1.2.3. Ós aspirantes contratados en réxime laboral temporal que desempeñen ou desempeñasen postos reservados a funcionarios da escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros nas relacións de postos de traballo, valoraránselle-los servicios prestados como tales en postos de traballo correspondentes ó grupo II do convenio colectivo único da Xunta de Galicia, a razón de 0,20 puntos por mes ou fracción.

II.1.2.4. Así mesmo ó persoal que preste servicios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en réxime de contratación administrativa, como persoal interino ou laboral temporal ocupando postos da escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros non comprendido na base II.1.2.1, e que como tal ou como persoal

laboral temporal ocupando postos equivalentes ó grupo B, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, teña prestados servicios noutras administracións públicas, valoraránselle-los ditos servicios coa seguinte puntuación:

a) 0,20 puntos por mes ou fracción, no caso de que o aspirante estea transferido á Comunidade Autónoma de Galicia mediante a correspondente normativa.

b) 0,13 puntos por mes ou fracción, nos supostos non incluídos no apartado a) anterior.

II.1.2.5. A suma das distintas puntuacións que poidan adxudicarse conforme o previsto nas bases II.1.2.2, II.1.2.3 e II.1.2.4, en ningún caso poderá exceder de 16 puntos.

II.1.2.6. Ós aspirantes que xa accedesen á condición de funcionarios da Administración da Xunta de Galicia ós que se lles computaron os servicios a que fan referencia os apartados II.1.2.1, 2, 3 e 4 para o seu ingreso na función pública, non se lles valorarán na presente convocatoria.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1. e II.1.2. deberán referirse á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles deberán ser acreditados mediante certificado, que se achegará coa instancia que se presente, segundo os modelos que figuran como anexos IV e V a esta orde, debendo xunta-la dita certificación o funcionario competente que certifique as fotocopias da documentación correspondente ás distintas situacións e méritos que se invoquen, que formarán parte integrante da certificación e que se presentarán cotexadas fidedignamente debendo numerarse de acordo co indicado modelo, significando que non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido anteriormente.

-Servicios centrais:

Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes do servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal dependentes da Secretaría Xeral da Consellería respectiva ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

Secretarios ou, de se-lo caso, funcionario responsable do área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da consellería respectiva, ou dos seus organismos autónomos.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con anterioridade á publicación das cualificacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que rexerán as probas selectivas para cada unha das distintas especialidades publícanse como anexo VI.

II.2.1. Exercicios.

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 80 preguntas tipo test, con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo será de dúas horas e trinta minutos.

Os aspirantes polo sistema de promoción interna estarán exentos da realización deste exercicio.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na resolución dun suposto práctico, á elección do aspirante de entre dous, que serán os resultantes do sorteo levado a efecto entre catro elixidos polo tribunal e relacionados coas materias correspondentes ó contido dos temas específicos do programa de cada especialidade. Dispoñerán dun período máximo de dúas horas para efectualo.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 9 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, nun prazo máximo de tres horas, deberán desenvolver por escrito un tema que se elixirá entre dous, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido de temario específico do programa.

Posteriormente, os aspirantes serán convocados oportunamente polo tribunal para face-la lectura pública do exercicio, que será efectuada polo seu autor ou, na súa imposibilidade, ó seu rogo e na súa presencia, pola persoa que designe ou por un membro do tribunal.

O tribunal poderá dispoñe-la obtención de copias fotostáticas dos exercicios.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 4,5 puntos.

As puntuacións publicaranse diariamente, unha vez rematada a exposición ante o tribunal.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán ó galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego ó castelán elixido por sorteo de entre tres propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 4,5 puntos.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios dos aspirantes.

II 2.2. Os aspirantes deberán presentarse, para a realización de cada exercicio, provistos de documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este, salvo a lectura do terceiro exercicio que se realizará en sesión pública.

II.2.4. A orde de puntuación dos aspirantes efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na de oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios:

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra Z, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 15 de marzo de 1996 (DOG nº 67, do 3 de abril) pola que se publica o resultado do sorteo celebrado o día 15 de marzo de 1996, de conformidade co disposto no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde fose celebrado o primeiro exercicio, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu comezo. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde fose celebrado e nalgún outro medio, se se xulga conveniente, con doce horas, polo menos, de anticipación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, deberá acorda-la súa exclusión, se procede, logo de audiencia ó interesado.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso ordinario, conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo artigo 7 do Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderanse nomear máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes se considere necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos tribunais, de se-lo caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes ás probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non estar incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. A autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal nº 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal. A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais, e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

Especialmente, cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a celebración do primeiro exercicio da fase de oposición se celebre simultaneamente en varias localidades. Neste caso os aspirantes serán convocados para a realización do referido exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulga-los aspirantes relativos ás materias ou grupos de materias que se asignen a cada un deles.

III.9. A cada tribunal corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes á cota de reserva de promoción interna, presentados pola materia ou grupo de materias que lle corresponda cualificar.

III.10. Corresponderalle ó tribunal número un:

-Cursar, por orde do seu presidente, citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Fixar, mediante anuncio público no Diario Oficial de Galicia e demais anuncios correspondentes, o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas, e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de acada-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan presentar e solicita-los restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal funcionarán con autonomía no que se refire á selección de aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión de cada tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte, e realizadas, se é necesario, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas

para as probas correspondentes ós exercicios que considere pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicarse á Dirección Xeral da Función Pública, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos participantes. Neste caso estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvoltas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen de forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para isto os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría segunda das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar, nin declarar que superaron as probas selectivas, un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro exercicio e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. De persisti-lo empate resolverase por orde alfabética, de acordo co sorteo que tivo lugar o día 15 de marzo de 1996.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan.

III.19. As comunicacións que lles formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listas de aprobados

IV.1. Finalizado o proceso selectivo, os tribunais farán públicas no Diario Oficial de Galicia, no lugar ou lugares de realización do último exercicio e

naqueles outros que consideren oportunos, as relacións independentes de aspirantes que superaron este, tanto polo sistema xeral de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuación obtida, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviaralle proposta conxunta de ambas listas de aprobados á Dirección Xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentos e nomeamento de funcionarios

V.I. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, e publicarase no DOG. A partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizados tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2..

V.2. Quen tivese a condición de funcionario de carreira estará exento de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro Central de Persoal ou da consellería ou organismo de que dependan que acredite tal condición, con expresión do número e importe dos trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.3. Os que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade por falsidade na que incorresen na solicitude inicial.

V.4. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que o superen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.5. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma galega terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema xeral de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo dun mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e demais normas concordantes.

VI. Derradeira norma

A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo a Administración poderá, dado o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na citada lei.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

MateriaCódigoNº prazas

totais

Promoción

interna

Acceso

libre

Instructor de pescaA-110202

Prácticas do buque (ponte e cuberta)A-111202

Soldadura e caldeireríaA-112202

Axuste e tornoA-113303

Conducción, vapor e fríoA-114202

Motores de combustión internaA-115303

Electricidade, electrónica e procedementos radiotelefónicosA-116202

Instalacións e equipos de cultivosA-117101

ANEXO IV

MÉRITOS QUE SE FAN QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO LIBRE

D/Dna.:

(Nome do/a funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA

Que segundo os datos que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada

D/Dna.:, DNI:

foi transferido/a á Comunidade Autónoma de Galicia por R.D. (1) ....................................... e ten acreditados os seguintes servicios:

I.- Base II.1.2.1.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala

...................................... da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral fixo no grupo ........, categoría ..................... do convenio colectivo único da Xunta de

Galicia.

Anos: Meses: Días:

II.- Base II.1.2.2.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala

..................................... da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

III.-Base II.1.2.3.

-Persoal laboral temporal no grupo ......., categoría ..................... do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

Anos: Meses: Días:

IV.-Base II.1.2.4.

-Persoal interino ou contratado en réxime de dereito administrativo no grupo ........ do corpo ou escala ..................................... da Administración .....................................

Anos: Meses: Días:

-Persoal laboral temporal no grupo ........, categoría ..................... da Administración ................................

Anos: Meses: Días:

O que así fago constar para os efectos da participación do interesado/a no concurso-oposición publicado no DOG do día .......................... asino a presente certificació en ............................., o ................................ de mil novecentos noventa e sete.

(1) Especificar de se-lo caso

ANEXO V

MÉRITOS QUE SE FAN CONSTAR RELATIVOS Ó SISTEMA DE ACCESO POR PROMOCIÓN INTERNA

D./Dna.:

(Nome do/a funcionario/a que certifica)

Cargo:

CERTIFICA

Que segundo os datos que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada,

D./Dna.: ........................................ con DNI .......................... ten acreditados os seguintes extremos:

I. SERVICIOS PRESTADOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA (Base II.1.1.1.).

Prestou servicios na Administración autónoma de Galicia, no corpo ou escala: ....................... correspondentes ó grupo (Art. 19.1 Lei 4/1988) ..................

Tempo de servicios prestados:Anos: ........ Meses: ........ Días: .......

II. SERVICIOS PRESTADOS NOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (Base II.1.1.2.).

Prestou servicios noutras administracións públicas no corpo ou escala ..................... correspondentes ó grupo (Art. 19.1 Lei 4/1988) ...................

Tempo de servicios prestados: Anos: ........ Meses: ........ Días: ........

III. GRAO PERSOAL CONSOLIDADO (Base II.1.1.3).

Nivel .............

IV TRABALLO DESENVOLVIDO (Base II.1.1.4.).

Denominación do posto desempeñadoNivelDuración

V. CURSOS DE FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO (Base II.1.1.5.).

O que así fago constar para os efectos da participación do/a funcionario/a no concurso-oposición publicado no DOG do día ............. asino a presente certificación en .................. o .... de .............. de mil novecentos noventa e sete.

ANEXO VI

Programa que rexerá as probas selectivas para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros (Grupo B)

Temario xeral

Tema 1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978. Principios informadores. Estructura. A reforma constitucional.

Tema 2. A Coroa e funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado, composición e funcións. Proceso de elaboración e aprobación das leis.

Tema 3. O Goberno do Estado, a súa composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros. Relación entre o Goberno e as Cortes.

Tema 4. A distribución territorial do poder do Estado. O Estado das autonomías na Constitución. Procesos de constitución das comunidades autónomas. Estructura, aprobación e reforma dos estatutos de autonomía.

Tema 5. O ordenamento xurídico-administrativo. Fontes do dereito administrativo e a súa xerarquía. Especial estudio da lei e do regulamento.

Tema 6. O acto administrativo: concepto e clases. Elementos do acto: suxeito, causas, fin e forma. Eficacia e executividade do acto administrativo. Nulidade, anulabilidade e derrogación dos actos.

Tema 7. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Ámbito de aplicación e principios informa

dores. Fases do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación.

Tema 8. Os recursos administrativos. Concepto e clases, requisitos xerais. Recurso ordinario e de revisión.

Tema 9. Os contratos administrativos: concepto e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de adxudicación dos contratos. Execución: obrigas e prerrogativas das partes. Resolución, rescisión e denuncia.

Tema 10. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma e o seu presidente.

Tema 11. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

Tema 12. A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Sistemas de acceso. Provisión de postos de traballo. A carreira administrativa. Situacións administrativas dos funcionarios. Dereitos, deberes e réxime disciplinario.

Tema 13. As comunidades europeas. O ordenamento xurídico comunitario. As liberdades básicas do sistema comunitario. As institucións da CE.

Tema 14. A Acta Única Europea. O Tratado da Unión Europea. Integración de España nas comunidades. Exame xeral da acta de adhesión de España ás comunidades europeas.

Tema 15. Lei de costas: o seu obxecto e finalidades. Bens de dominio público marítimo-terrestre. Servidumes legais. Concesións e autorizacións.

Tema 16. Mariña mercante: concepto e réxime das navegacións. Organización portuaria do Estado. Portos transferidos.

Tema 17. Competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e formación profesional náutico-pesqueira.

Tema 18. Lei de pesca de Galicia: explotación dos recursos mariños.

Tema 19. A formación secundaria, formación profesional e formación permanente de adultos. Normativa autonómica en materia de formación náutico-pesqueira.

Tema 20. A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura: estructura orgánica e funcións.

Temario específico da especialidade de instructor de pesca

Tema 1. Nós: as súas clases. Utilidade práctica.

Tema 2. Manexo de agullas, pasadores, calibradores e malleiros.

Tema 3. Técnicas das diferentes costuras para realizar nos cabos.

Tema 4. Fíos e fibras. Propiedades que debe presentar unha fibra ideal.

Tema 5. Principais tipos de fibras que se utilizan para a fabricación de fíos para redes.

Tema 6. Sistemas de numeración de fíos.

Tema 7. Cálculo da superficie dos panos. Diferentes métodos.

Tema 8. Prácticas de limpeza de panos.

Tema 9. Prácticas de cortar minguados e crecidos.

Tema 10. Prácticas de pegados de panos.

Tema 11. Prácticas de armado de costadillos e trencillas.

Tema 12. Prácticas de armado da cortiza e burlóns.

Tema 13. Descrición e utilidade dos diferentes utensilios de pesca.

Tema 14. Interpretación de planos e execución destes sobre as diferentes artes.

Tema 15. Tipos de pesca. Pesca activa e pesca pasiva: diferencias substanciais.

Tema 16. Armado de palangres e outros aparellos.

Tema 17. Montaxe de artes de cerco.

Tema 18. Montaxe de artes de enmalle.

Tema 19. Montaxe de artes de fondo.

Tema 20. Montaxe de artes semipeláxicas.

Tema 21. Montaxe de artes peláxicas.

Tema 22. Instalación de cables, pés de galo e outros elementos ás portas de arrastre.

Tema 23. Montaxe de diferentes clases de calóns e ventos.

Tema 24. Montaxe dos diferentes tipos de frotadores.

Tema 25. Montaxe dos diferentes lastres.

Tema 26. Descrición e montaxe das diferentes clases de portas.

Tema 27. Medición, marcaxe e manexo dos cables de arrastre.

Tema 28. Manobra de largado e virado das artes de arrastre.

Tema 29. Manobra de largado e virado das artes de cerco.

Tema 30. Manobra de largado e virado de artes de enmalle.

Temario específico da especialidade de prácticas do buque (ponte e cuberta)

Tema 1. Manexo práctico dunha maquinilla de pesca.

Tema 2. Secuencia de preparación de superficies e posterior pintado dun buque.

Tema 3. Obtención e explicación na práctica da corrección total.

Tema 4. Situación do buque por marcacións á costa. Métodos prácticos de obtelas.

Tema 5. Manexo de sondas e escandallos, obtención de fondos e calidades dos mesmos.

Tema 6. Situación práctica do buque na carta de navegación, diferentes opcións.

Tema 7. Manexo práctico do temón.

Tema 8. Identificación de faros e sinais marítimos.

Tema 9. Navegación práctica en tiempo de néboa. Precaucións.

Tema 10. Desenvolvemento do radar aplicado á navegación e situacións.

Tema 11. Marcación da costa e toma de distancias na práctica con radar.

Tema 12. Fondeo dun buque e leva de áncoras.

Tema 13. Atracadura e desatracadura nun peirao.

Tema 14. Práctica de manobra de recollida de home á auga.

Tema 15. Práctica de utilización de mangueiras e extintores.

Tema 16. Práctica de abandono de buque en perigo.

Tema 17. Evacuación dun ferido mediante helicóptero.

Tema 18. Confección de cartas de pesca.

Tema 19. Lanzamento de balsas e explicación das mesmas.

Tema 20. Montaxe dun equipo de arrastre.

Tema 21. Marcaxe do cable de arrastre.

Tema 22. Facer unha manobra de largar e virar.

Tema 23. Modo de efectuar un arrastre de pesca.

Tema 24. Toma de alturas e ángulos horizontais co sextante.

Tema 25. Manexo práctico dun cronómetro a bordo. Obtención do estado absoluto.

Tema 26. Virada dunha rede cando falta o tino dun costado.

Tema 27. Virada do equipo de pesca con mal tempo.

Tema 28. Obtención de traballo de portas e corrección dos seus defectos.

Tema 29. Preparación e xeito de facer remolques.

Tema 30. Práctica utilización de chalecos e traxes autónomos.

Temario específico da especialidade de soldadura e caldeirería

Tema 1. Arco eléctrico. Acendido do arco. Comportamento do arco. Material a través do arco. Atmosfera do arco. Forma de cráter.

Tema 2. O revestimento dos electrodos. Función do revestimento. Función eléctrica. Función física. Función metalúrxica. Reaccións gas-metal. Reaccións metal-escoura.

Tema 3. Fabricación dos electrodos. Manipulación e tratamento dos electrodos. Almacenamento e secado dos electrodos.

Tema 4. Clasificación e recoñecemento dos electrodos, segundo as normas establecidas. UNE, DIM, AWS.

Tema 5. Aplicacións e limitacións da soldadura manual. Técnicas especiais.

Tema 6. Manexo do electrodo. Posición horizontal. Posición cornixa. Posición ángulo. Posición vertical. Posición teito.

Tema 7. Equipos de soldadura eléctrica por arco. Transformadores. Rectificadores.

Tema 8. Electrodo básico. Manexo, tratamento, normas, modo de emprego. Elección da máquina adecuada en función da súa voltaxe en baleiro.

Tema 9. Deseño e descrición do posto de traballo para o aprendiz de soldador.

Tema 10. Soldadibilidade de ferro fundido. Prequecemento. Fundición gris e nodular. Distribución das tensións.

Tema 11. Soldadibilidade dos aceiros: influencias dos compoñentes do aceiro. Aceiros de baixa aliaxe. Aceiros inoxidables. Aceiros ó carbono.

Tema 12. Normas para utiliza-los electrodos. Factores para ter en conta no ensaio. Tipos de electrodos. Tipos de revestimento.

Tema 13. Influencia da tensión en baleiro na máquina de soldar. Relación intensidade-tensión: electrodos que se poden utilizar en función da dita tensión.

Tema 14. Secuenciación na soldadura e recheo dunha peza. Orde da soldadura.

Tema 15. Secuenciación na aprendizaxe e formación do alumno nas técnicas da soldadura por arco. Fases.

Tema 16. Didáctica da soldadura por arco. Defectos. A súa corrección.

Tema 17. Didáctica e secuenciación na formación do alumno en caldeirería. Descrición e definición do traballo que se vai realizar.

Tema 18. Finalidade e aplicación dos traballos para realizar en caldeirería con relación á súa tarefa prevista no barco. Interseccións de tuberías. Reducción de tuberías. Troncos de cono.

Tema 19. Trazado e desenvolvemento dos compoñentes dos distintos servicios dun buque.

Tema 20. Baterías de gases para a soldadura oxiacetilénica. Elementos da batería. Precaucións. Posta en marcha.

Tema 21. O soprete de soldar. Normas. Precaucións. Acendido. Chama de soldar.

Tema 22. Seguridade e precaucións no manexo das botellas de osíxeno e acetileno. Posta en funcionamento.

Tema 23. Elementos e funcionamento destes nunha instalación oxiacetilénica. Distancia de soldadura.

Tema 24. Seguridade e precaucións que hai que ter en conta nunha instalación oxiacetilénica. Quecementos. Manómetros. Retrocesos.

Tema 25. Manexo do soprete nas distintas posicións de soldadura oxiacetilénica. Horizontal. Cornixa. Ángulo. Vertical.

Tema 26. Secuenciación e formación do alumno nas técnicas de soldadura oxiacetilénica.

Tema 27. Didáctica da soldadura oxiacetilénica. Descrición do posto de traballo.

Tema 28. Procedemento da soldadura oxiacetilénica con metal de aportación.

Tema 29. O soprete oxicorte. Precaucións. Normas. Utilización.

Tema 30. Material e equipo persoal para soldar con autóxena e eléctrica.

Temario específico da especialidade de axuste e torno

Tema 1. Descrición do taller mecánico e posto de traballo do axustador.

Tema 2. Materiais férricos: aceiros comúns, aceiros de baixa aliaxe, aceiros inoxidables, aceiros para ferramentas, aceiros especiais. Fundicións: fundición gris e fundición nodular.

Tema 3. Ensaios mecánicos. Ensaio de tracción: límite elástico, carga de rotura e alongamento. Ensaio de dobrado. Ensaio de resistencia. Ensaios de dureza: con lima, Brinell, Vickers, Rookwell, Shore.

Tema 4. Tratamentos térmicos dos aceiros e a súa relación cos utensilios e ferramentas. Teoría dos tratamentos térmicos, compoñentes e constituíntes dos aceiros. Tratamentos térmicos máis usuais: tempero, revenido, recocido.

Tema 5. Limas. Partes dunha lima. Elementos característicos dunha lima. Limas especiais. Mangos comúns para limas. Normas para a elección das limas.

Tema 6. Secuenciación e didáctica no limado á man. Superficies planas, superficies paralelas, ángulos convexos, ángulos cóncavos, superficies cilíndricas e outras.

Tema 7. Secuenciación e didáctica do serrado a man e con máquina alternativa, radial e de cinta.

Tema 8. Secuenciación e didáctica do burelado e cicelado.

Tema 9. Brocas helicoidais. Tipos. Afiado de brocas. Brocas especiais.

Tema 10. Utensilios de traballo do axustador: limas, serra, burel, cicel, martelo, carda, granete, puntilla de trazar, gramil, compás, brocas, portabrocas, escariador, machos de roscar, tarraxe, desparafusador, chaves e rasquetas.

Tema 11. Secuenciación e didáctica do escariado e rasqueteado.

Tema 12. Secuenciación didáctica do tradeado: elección da máquina, colocación da broca, fixación da peza, operación de trasladar, defectos que se poden presentar, parámetros e refrixeración.

Tema 13. Roscas: parafusos e porcas. Clasificación das roscas. Elementos das roscas. Perfil. Dimensións principais. Representación das roscas. Designación das roscas. Sistemas de roscas.

Tema 14. Secuenciación e didáctica do roscado á man. Práctica do roscado: roscado de porcas e roscado de parafusos.

Tema 15. Ferramentas de roscar: machos e coxinetes de roscar, tarraxes de peites.

Tema 16. Metroloxía: xeneralidades. Práctica da medición, erros na medición, erros nos aparatos de medida, erros debidos ó operador, erros debidos ó ambiente. Instrumentos de medida, características.

Tema 17. Metroloxía: instrumentos de medida para magnitudes lineais: metros, regras, calibre ou pé de rei. Instrumentos de medida para magnitudes angulares: goniómetros e transportadores.

Tema 18. Metroloxía: o micrómetro, principios e distintos tipos. Comparador, calas, galgas, niveis, proxector de perfís.

Tema 19. Tolerancias. Normalización das tolerancias. Tolerancias ISO. Posicións das tolerancias. Eixes e buratos. Escritura de cotas normalizadas. Substitución de cotas con tolerancia.

Tema 20. Axustes: distintos tipos. Tolerancia dos axustes. Axustes normalizados. Regras xerais para a elección dos axustes.

Tema 21. Instrumentos de verificación do axustador: escuadra, gardaplanos, regra, calibre fixo, calibre femia, calibre de roscas interior e exterior, mármore, cilindro de verificación, calzo, calibre de conos, pé de rei, calibre de engrenaxes, comparador, micrómetro, goniómetro e peites de roscas.

Tema 22. Didáctica do axuste.

Tema 23. Secuenciación da aprendizaxe e formación para o axuste. Fases.

Tema 24. Normas de seguridade para ter en conta nos traballos de axuste.

Tema 25. Descrición do torno paralelo: partes principais, bancada, cabezal, contracabezal e punto, carros e cadea cinemática.

Tema 26. Ferramentas do torno: xeometría e materiais, distintos tipos, montaxe e designación.

Tema 27. Traballos no torno paralelo: cilindrado, refrentado, torneado cónico, tronzado, rascado, torneado de interiores, tradeado e outras operacións.

Tema 28. Roscado no torno: roscas más usuais, métrica Whitoworth e rosca cadrada.

Tema 29. Didáctica do torneado.

Tema 30. Secuenciación na aprendizaxe e formación para as técnicas do torno. Fases.

Temario específico da especialidade de conducción, vapor e frío

Tema 1. Levantamento dun plano dunha instalación de vapor.

Tema 2. Características de cada un dos elementos que compoñen unha instalación de vapor.

Tema 3. Comprobación dos elementos que constitúen a instalación eléctrica para a posta en marcha da caldeira.

Tema 4. Revisión e despezamento do queimador, comprobando as tobeiras.

Tema 5. Posta en marcha da instalación. Pasos que hai que seguir.

Tema 6. Válvulas de seguridade: clases, funcionamento e timbrado delas.

Tema 7. Realiza-la análise da auga: cloruros, alcalinidade e dureza. Tratamento de augas.

Tema 8. Reguladores de auga: clases e o seu funcionamento.

Tema 9. Niveis: constitución e mantemento.

Tema 10. Condensadores: tipos e mantemento.

Tema 11. Bomba de alimentación: tipos e mantemento.

Tema 12. Limpeza e mantemento de filtros: depuradoras e quentadores. Circuítos de alimentación.

Tema 13. Facer consumos: precaucións que hai que tomar. Separadores de augas oleosas.

Tema 14. Constitución das turbinas, a súa regulación.

Tema 15. Potencia efectiva: torsiómetros.

Tema 16. Obturadores. A súa misión, clases e mantemento.

Tema 17. Identificar varios automatismos: composición e mantemento.

Tema 18. Realiza-la composición dunha salmoira: ábacos.

Tema 19. Poñe-la instalación en marcha: descrición e pasos que hai que seguir.

Tema 20. Timbrado de varios automatismos.

Tema 21. Líquidos frigoríxenos: propiedades e aplicacións.

Tema 22. Compresores: clases, mantemento e monturas.

Tema 23. Filtros deshidratadores: clases e a súa reposición.

Tema 24. Separadores de aceite: as súas clases e mantemento.

Tema 25. Aceites frigoríficos: manobra para recuperar aceite do cárter.

Tema 26. Facer baleiro ó compresor e demáis elementos da instalación, indicando as repercusións da humidade na instalación.

Tema 27. Causas que poden paraliza-la instalación sexa por alta ou baixa presión.

Tema 28. Válvulas de expansión termostática. Clases e regulación delas.

Tema 29. Traballar con subenfriador: avantaxes e inconvenientes.

Tema 30. Confeccionar unha folla de mantemento.

Temario específico da especialidade de motores de combustión interna

Tema 1. Recoñecemento xeral do motor. Partes diferenciais dos distintos tipos de motores.

Tema 2. Medidas previas que hai que tomar antes de arrincar un motor e precaucións relativas á súa conservación e mantemento.

Tema 3. Manobra xeral para o arrinque. Aplicación ós motores existentes na planta.

Tema 4. Desmontaxe e montaxe das distintas partes do motor. Diferentes operacións segundo o tipo de motor.

Tema 5. Estudio sobre o motor do circuíto de combustible.

Tema 6. Estudio sobre o motor do circuíto de refrixeración.

Tema 7. Estudio sobre o motor do circuíto de lubrificación.

Tema 8. Sistemas de arrinque. Arrinque por aire: compresor e botellas. Arrinque eléctrico: aparellaxe.

Tema 9. Inxectores: tipos de uso máis frecuente. Desmontaxe, montaxe, despezamento e timbrado de inxectores.

Tema 10. Bombas de inxección: descrición, tipos, montaxe e desmontaxe. Regulación práctica das bombas.

Tema 11. Reguladores de velocidade: tipos. Desmontaxe e montaxe dos mesmos.

Tema 12. Turbocompresores: descrición dos elementos esenciais, desmontaxe e montaxe.

Tema 13. Cilindros: desmontaxe e montaxe das súas partes.

Tema 14. Émbolos: desmontaxe e montaxe das súas partes.

Tema 15. Bielas: desmontaxe e montaxe das súas partes.

Tema 16. Eixe de cegoñais: verificación.

Tema 17. Eixes de camóns de bombas: verificación.

Tema 18. Eixes de camóns de válvulas: verificación.

Tema 19. Aparellos de medida dun motor: tacómetros, pirómetros, termómetros, manómetros, etc. A súa situación no motor.

Tema 20. Compresores de aire: a súa utilización. Características de funcionamento.

Tema 21. Potencias, rendementos e consumos. Manexo do banco de consumos.

Tema 22. Presións nos motores. Utilización do indicador de diagramas para medida das presións de compresión e combustión. Obtención do diagrama aberto. Diagnóstico do sistema de inxección do motor.

Tema 23. Instrumentos de verificación: planímetro, flexímetro, alexómetro, etc.

Tema 24. Toma de flexións no eixe de cegoñais dun motor. Diagnóstico do estado do eixe.

Tema 25. Medida do desgaste de camisas.

Tema 26. Protocolos de motores. Estudio de características diferenciais. Obtención de diagramas circulares dos motores a partir dos datos reais do protocolo.

Tema 27. Determinación práctica da presión media dun motor a partir do diagrama de traballo do mesmo: distintos procedementos.

Tema 28. Levantar culatas dun motor de dous tempos, tomar medidas sobre camisas e obter, a partir delas, o diagrama circular do motor.

Tema 29. Combustibles e aceites: características e utilización.

Tema 30. Depuradoras: desmontaxe e montaxe.

Temario específico da especialidade de electricidade, electrónica e procedementos radiotelefónicos

Tema 1. Esquemas de diferentes circuítos eléctricos (realización práctica), localización de avarías por medio do polímetro.

Tema 2. Medidas de illamento dun motor. Localización de bobinas e medidas de liña e fase. Manexo do megómetro.

Tema 3. Montaxe de diferentes tipos de dinamos: Serie, Shunt, Compound, (longo e curto) con circuíto externo e diferentes aparellos de control das mesmas.

Tema 4. Montaxe de motores de C.C. compound (longo e curto) con protección de arrinque e control de velocidade.

Tema 5. Realización dun circuíto composto por dúas dinamos con aparellos de control, barras e carga para poder efectua-lo seu acoplamento en paralelo.

Tema 6. Realización e montaxe de alternadores cos diferentes aparellos de control do mesmo e circuíto de carga exterior, con tacómetro.

Tema 7. Acoplamento de alternadores en paralelo.

Tema 8. Esquema e montaxe de motores monofásicos a condensador. Detección de avarías.

Tema 9. Esquema e montaxe de motores trifásicos (estrela e triángulo). Detección de avarías.

Tema 10. Contactores e relés térmicos. Esquema e montaxe dos mesmos con botoneira de arrinque e paro, con lámpadas de sinalización e avisadores acústicos de alarma.

Tema 11. Rectificadores de corrente. Excitatrices.

Tema 12. Lonxitude de onda. Frecuencia dunha emisión. Propagación das ondas: terrestre e celeste. Alcance teórico e práctico das ondas O.C., O.M. e V.H.F. Inversión por temperatura.

Tema 13. Cálculo de lonxitude de onda. Bandas de frecuencia. Diferentes servicios delas.

Tema 14. Onda portadora. Diferentes tipos de modulación: interrupción da portadora, por amplitude e por frecuencia. Ancho de banda e harmónicos.

Tema 15. Regulamento de radiocomunicacións: ámbito de aplicación. Documentos obrigatorios nunha estación radiotelefónica. Diario de servicio radioeléctrico (anotacións preceptivas). Licencias e certificados: certificados de operadores radiotelefonistas (atribucións).

Tema 16. Tránsfer: recomendacións da I.M.C.O. Equipos de enerxía auxiliar, mantemento e situación dos mesmos.

Tema 17. Interferencias: formulismo de chamada e resposta. Duración. Frecuencias de chamada e traballo. Dirección do tráfico sentido buque-terra e buque-buque. Listas de tráfico. Procedementos radiotelefónicos en caso de tráfico. Xustificante de recepción.

Tema 18. Estación radiotelefónica: elementos. Buques obrigados a montar unha estación radiotelefónica, de ondas decamétricas e decimétricas. Radiobalizas (localización satélite e/ou heptométricas). Equipo radiotelefónico portátil de radio (instalación e manexo).

Tema 19. Chamadas de socorro: oportunidade da chamada. Distinción coa chamada de urxencia. Prioridades. Período de silencio. Frecuencia de socorro en O.M., O.C. e V.H.F. Disposicións de R.R. Comunicacións para caso de socorro. Persoal autorizado a emitir chamadas de socorro. Sinal de alarma. Chamada de socorro e mensaxe de socorro.

Tema 20. Resposta a unha mensaxe de socorro. Orde de resposta a unha chamada de socorro. Petición de socorro para outra estación que se atopa en perigo. Modo de impor silencio ás estacions que interfiran un tráfico de socorro.

Tema 21. Código Morse. Transmisión e recepción do código morse. Interco, código de deletreo internacional de letras e números (exemplos prácticos de ámbolos dous).

Tema 22. Sinal de urxencia. Distinción entre tráfico de urxencia e tráfico de socorro. Prioridades do tráfico de urxencia. Frecuencias de urxencia.

Tema 23. Chamadas de seguridade. Referencia ás mensaxes de seguridade. Prioridades do tráfico. Emprego excepcional do sinal de alarma. Frecuencias de seguridade. Sinal de aviso ós navegantes. Procedementos de seguridade.

Tema 24. Preceptos que regulan a instalación e inspección dos aparellos radioeléctricos a bordo dos buques mercantes e de pesca. Licencias de instalación. Certificado de validez e certificado de inspección. Utilización da radio por buques situados en radas, baías e portos.

Tema 25. Servicio de escoita. Gardas de mar para os operadores radiotelefonistas segundo tipos de buques. Autoalarmas. Dereito do público ó uso do servicio internacional de telecomunicacións.

Tema 26. Categorías das estacións. Secreto das comunicacións. Autoridade do capitán ou patrón. Uso das claves radiotelefónicas.

Tema 27. Sistemas de bloques dun receptor superheterodino. Misión que desempeña cada un dentro do sistema.

Tema 28. Sistemas de bloques dun transmisor. Misión que desempeña cada un dentro do sistema.

Tema 29. Micrófonos: dinámico, carbón e cristal. Fundamentos e funcionamento. Altoparlantes, funcionamento.

Tema 30. Rectificadores: rectificador de onda completa e media onda. Diodos. Transistores: PNP e NPN. Fundamentos e constitución deles.

Temario específico da especialidade de instalacións e equipos de cultivo

Tema 1. Procedementos, materiais e equipos para levar a cabo a producción de microalgas. Densidade do inóculo para cada unha das etapas dos diferentes cultivos, métodos para o mantemento de cepas e control da calidade destas. Métodos de illamento e criterios de selección de microalgas.

Tema 2. Métodos de cultivo de microalgas en pequenos e grandes volumes. Densidade de inóculos e produccións alcanzadas. Nutrientes subministrados e nutrientes esenciais optimizados. Función dos macronutrientes e micronutrientes no crecemento algal.

Tema 3. Tanques de bloom natural: especies máis frecuentes, deseño, optimización e elementos de control, condicións ambientais, precaucións e mantemento. Usos deste tipo de cultivo.

Tema 4. Rotífero: sistemática, morfoloxía, anatomía, bioecoloxía, fisioloxía, ciclo biolóxico. Importancia do cultivo en acuicultura.

Tema 5. Procedementos para o cultivo de rotífero. Tipos de cultivo. Densidades óptimas, porcentaxes óptimas de cada fase de ciclo do cultivo. Mantemento e control de cultivo. Principais dietas. Instalacións e equipos para seu cultivo.

Tema 6. Artemia: sistemática, morfoloxía, anatomía, bioecoloxía, fisioloxía, ciclo biolóxico. Importancia do seu cultivo para a acuicultura.

Tema 7. Procedementos para o cultivo de Artemia a partir de cistes. Métodos de separación de nauplius. Materiais empregados. Cultivo de metanauplius de Artemia. Medidas de profilaxe e hixiene. Instalacións e equipos do seu cultivo.

Tema 8. Copépodos. Sistemática. Morfoloxía e anatomía. Cultivo de copépodos: alimentación. Parámetros xerais de control e mantemento. Importancia do cultivo de copépodos en acuicultura.

Tema 9. Características físico-químicas da auga do mar.

Tema 10. Dinámica mariña: ondas, mareas, correntes e afloramentos. Influencia nos seres vivos.

Tema 11. Os ecosistemas mariños. Características xerais. Subdivisión do medio mariño segundo os factores topográficos, batimétricos e lumínicos.

Tema 12. Características das rías galegas. Circulación estuárica. Dinámica das rías galegas.

Tema 13. A batea como sistema de cultivo do mexillón.

Tema 14. Estructuras, elementos e utensilios no cultivo do mexillón en batea.

Tema 15. A batea como sistema de cultivo de ostreidos e pectínidos. Estructuras, elementos e utensilios no cultivo de ostreidos e pectínidos en batea.

Tema 16. A batea e a súa aplicación para o cultivo de macroalgas. Estructuras para o cultivo de macroalgas no medio mariño.

Tema 17. Sistemas de flotación e fondeo das bateas.

Tema 18. A gaiola para o cultivo de peixes mariños: os seus elementos. Sistemas de flotación e fondeo para as gaiolas de peixes.

Tema 19. Circuítos de aire nas instalacións de acuicultura: turbo soprantes, manómetros, etc.

Tema 20. A toma de auga e a estación de bombeo nas instalacións de acuicultura.

Tema 21. Circuítos de auga nas instalacións de acuicultura: bombas, válvulas, conduccións e accesorios.

Tema 22. Instalacións, estructuras e maquinaria para o tratamento térmico da auga nas instalacións de acuicultura.

Tema 23. Sistemas para a eliminación de partículas en suspensión nas instalacións de acuicultura: decantación e filtración. Elementos e estructuras para o control bacteriano nas instalacións de acuicultura.

Tema 24. Tipos de piscinas e tanques en instalacións de cultivos mariños. Materiais e mantemento.

Tema 25. Maquinaria auxiliar para o cultivo e envasado do mexillón.

Tema 26. Maquinaria auxiliar nas piscifactorías.

Tema 27. O barco auxiliar de acuicultura nos parques flotantes.

Tema 28. O laboreo no cultivo das principais especies de moluscos bivalvos.

Tema 29. Elementos estructurais para a captación de semente de mexillón, ostreidos e pectínidos no medio natural.

Tema 30. Ensinanzas de acuicultura en España.

7715