Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 15 de outubro de 1997 Páx. 10.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997 pola que se prorroga o prazo para a presentación de solicitudes de axuda financeira ó abeiro do convenio para a potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia publicado mediante Resolución do 11 de xuño de 1997 (DOG número 123, do 27 de xuño).

Atendendo ás demandas recibidas dos órganos de representación dos comerciantes en relación ó curto período de tempo para a presentación de solicitudes de axuda financeira establecido no convenio para a potenciación do comercio retallista e nas bases que regulan a concesión de axudas financeiras ó tipo de xuro ó abeiro do dito convenio, coincidindo na súa maior parte cos meses de verán, época de maior actividade para este sector, e co obxecto de que se poidan tramita-lo maior número de expedientes de solicitude de axuda dentro do límite orzamentario establecido, parece necesario amplia-lo prazo de presentación de novas solicitudes de axuda financeira ó amparo do dito convenio.

Visto o exposto e de conformidade coas partes asinantes do convenio, e en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Prorroga-lo prazo para a presentación de solicitudes de axuda financeira establecida na cláusula novena do citado convenio, no segundo parágrafo da base terceira das bases e no último parágrafo do punto B) da base sétima das bases, quedando redactado da seguinte maneira:

O prazo de presentación de solicitudes de subvención na entidade financeira rematará o día 14 de novembro de 1997 e o prazo límite para a presentación polas entidades financeiras das solicitudes ante o Igape será o 28 de novembro de 1997.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción

Económica

7907