Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 10.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente C/4537).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Viriato, S.A., con domicilio social en r/ Xral. Mola, 21. Ordes. A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións seguintes:

-Unha planta de coxeración de enerxía eléctrica e calor cunha potencia mecánica de 1165 kW. Un motor de combustión interna alternativo, funcionando con gasóleo, cunha potencia mecánica de 1165 kW. Un xerador síncrono trifásico de 1100 kVA, tensión de xeración 6 kV, factor de potencia 0,96. Un centro de transformación 20/6 kV cun transformador de 1,5 MVA, e un trafo para servicios auxiliares de 400 kVA e r.d.t. 6/0,4 kV.

Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, almacenamento de combustible e protección, control, sinalización e medida na parte eléctrica.

O investimento necesario para a planta estímase en 87.407.500 ptas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas recla

macións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos. 15071-A Coruña.

A Coruña, 9 de setembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7137