Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1997 pola que se anuncia, a licitación polo procedemento aberto e con trámite de urxencia, mediante concurso, da concesión de explotación dunha área de servicio na vía rápida Padrón-Ribeira, treito: Padrón-A Vacariza.

A) Obxecto.

Concesión para a explotación dunha área de servicio na vía rápida Padrón-Ribeira, treito: Padrón-A Vacariza.

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas xurídicas, económicas e administrativas, así como técnicas que rexen o presente concurso e a explotación dos servicios, estarán de manifesto e á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Fianza provisional.

Esixirase unha fianza provisional dun millón (1.000.000) de pesetas.

D) Presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

E) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

F) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os indicados nos pregos de cláusulas que rexen o presente concurso.

Serán por conta do adxudicatario os gastos ocasionados pola inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

97-7612