Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 1997 Páx. 9.990

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración

Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Contratación dunha asistencia técnica de deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de abril de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia, do día 9 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Seresco Asturiana, S.A.

Importe: 12.342.400 pesetas, IVE incluído.

-Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no SXPA da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de abril de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do 9 de abril do ano en curso.

Adxudicatario: Idom Ingeniera y Consultoría, S.A.

Importe: 7.947.740 pesetas, IVE incluído.

-Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no SXPA da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 9 de abril de 1997, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 5 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 42.532.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no SXPA da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de abril de 1997, e publicada no Diario Oficial de Galicia do día 9 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.A.

Importe: 18.484.606 pesetas.

-Contratación dunha asistencia técnica para a realización da tramitación dos expedientes de avaliación do impacto ambiental e efectos, convocada mediante concurso aberto, por resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, do 20 maio de 1997, e publicada no Diario Oficial de Galicia do día 23 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: EYSER, Estudios y Servicios, S.A.

Importe: 7.750.000 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración de material de excarcelación e rescate, convocada, mediante con

curso aberto, por resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, do 24 de marzo de 1997, e publicada no Diario Oficial de Galicia do día 2 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Incipresa, S.A.

Importe: 27.684.947 pesetas, IVE incluído.

-Contratación da subministración e instalación de terminais portátiles e bases fixas da rede Trunking, convocada, mediante concurso abierto, por resolución da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente da Xunta de Galicia, do 24 de marzo de 1997, e publicada no Diario Oficial de Galicia do día 2 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Intelsis, Sistemas Inteligentes, S.A.

Importe: 11.995.000, IVE incluído.

-Contratación da subministración de uniformes para conductores e ordenanzas da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, que foi convocado mediante concurso aberto, con trámite de urxencia, por resolución desta consellería, do 10 de xuño de 1997, e publicada no Diario Oficial de Galicia do día 13 do mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Breisa Moda (José Mosquera Brey).

Importe: 5.688.600 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administraciones públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

7691