Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudio de detalle da UA Chantada.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Vigo, en sesión do día 12 de agosto de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle UA Chantada, elaborado polo equipo técnico Davila, Jiménez, Meijide, Cordeiro e Lago, presentado por Camilo Fernández Pérez en representación da comisión xestora conforme a documentación visada polo COAG o día 12 de febreiro de 1997.

O presente anuncio servirá de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados, que por resultaren descoñecidos ou intentada a notificación persoal, non se puidese levar a efecto, significándolles que

dispoñen de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación, para a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Vigo, 18 de setembro de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

7729