Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 1997 Páx. 9.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 11/1997, que ten por obxecto a adquisición de sondas pulsioxímetro.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, estrada de San Pedro, s/n, Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións-Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: CP 11/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministracións.

b) Descrición do obxecto: sondas pulsioxímetro.

c) Lotes:

-Lote 1: sonda bolboreta pulsioxímetro adulto.

-Lote 2: sonda bolboreta pulsioxímetro neonato.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 83, do 2 de maio de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 16.250.000 pesetas.

5. Adxudicación:

a) Data: 29 de agosto de 1997.

b) Contratista: Ohmeda, S.A.

Nacionalidade: española.

Importe: 16.225.000 pesetas.

c) Importe total adxudicado: 16.225.000 pesetas.

Ferrol, 17 de setembro de 1997.

Alfonso Clemente González

Director xerente en funcións do Complexo

Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol

7501